Monday 06 de May de 2024

O Concello purga as tubaxes da rede de Ou Castro e pide “axilizar” a obra da ETAP á empresa adxudicataria


• O goberno local mantén a repartición de auga no camión cisterna á espera de que as análises tras a recollida de mañá dean luz verde a poder consumir auga da traída en Cariño e A Pedra

• “Recoñecemos que esta situación xera moitas molestias. Pero é unha circunstancia coa que este equipo de goberno atopouse e na que estamos a traballar de maneira constante poñendo todos os medios posibles”, destaca a alcaldesa, Ana María Lopez

O Concello de Cariño purga as tubaxes da rede de abastecemento como medida extra para liquidar os resultados das analíticas de auga, que impiden o seu consumo nas parroquias de Cariño e A Pedra desde principios de mes.

O goberno local ha dado luz verde a executar estes traballos ao detectar unha anomalía difícil de explicar: as mostras non ofrecen un volume significativo de trihalometanos no punto de recollida situado na Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Ou Castro, pero si na toma da gasolineira.
Esta circunstancia convida a pensar aos técnicos municipais que, máis aló das fortes choivas e o efecto arrastre que provocan, outro das orixes recorrentes dos problemas na auga podería situarse nun cóbado do circuíto, onde se acumulan trihalometanos. Deste xeito, co purgado de toda a rede orixinaria en Ou Castro, o Concello de Cariño espera afianzar unha mellora significativa no referente ao tratamento da auga para o seu consumo.

A maiores deste tratamento, en @dicha ETAP están a desenvolverse xa desde o pasado xaneiro os traballos de reparación para renovar o sistema, danado tras lustros de uso, e así potenciar o proceso de depuración.

Neste sentido, o Concello celebrou a pasada semana unha reunión de urxencia coa empresa adxudicataria da obra para solicitarlle “axilizar” a intervención. Dita petición cristalizou na retirada de dúas filtros dunha das liñas para a súa reparación, un dos pasos fundamentais para culminar este proxecto de mellora.
“Esperamos que en 10 ou 15 días cheguen os filtros”, apunta a alcaldesa, Ana María López, que recalca que a mellora no proceso de depuración será evidente antes de que finalice a obra ao completo, pois o proxecto desenvólvese primeiro nunha liña de abastecemento e posteriormente na outra. “Cando se arranxe esa primeira liña comezarase a tratar co novo equipo mentres se actúa sobre a segunda, que quedará inactiva”, expresa.
“Recoñecemos que esta situación xera moitas molestias aos veciños e veciñas. Pero é unha circunstancia coa que este equipo de goberno atopouse e na que estamos a traballar de maneira constante poñendo todos os medios posibles ao noso alcance”, expresa López, que recalca que o purgado é unha medida extra á importante actuación na ETAP de Ou Castro que o executivo municipal ha logrado nunha alta porcentaxe a través dun acordo con Augas de Galicia.
“Era unha obra tremendamente necesaria tras moitos anos de uso e escaso mantemento. O proxecto xa está por fin en execución e non só mellorará o proceso de depuración da auga, senón que ademais aforrarémonos 96.000 euros que poderemos investir noutras melloras tamén necesarias”, recalca a alcaldesa.
Repartición habitual de auga recollida en Sismundi e tamén analizada
Á espera de que as mostras que se recollerán mañá tanto na depuradora como na billa situada na contorna da gasolineira da Pedra dean negativo, o Concello mantén a repartición de auga a través do camión cisterna os martes e os xoves.
Devandita repartición sufriu un corte preventivo a pasada semana, xa que tamén se realizan análise na rede de Sismundi, onde se recolle esa auga. “Non tivo nada que ver co tema de Ou Castro. Recolleuse auga na ETAP de Anella, na Zona de Abastecemento de Sismundi, a través de camión cisterna. Pouco despois recibimos os resultados dunha analítica no punto de mostraxe denominada ‘Fonte pública de Sismundi’, na que se sinalaban os uns niveles de Aluminio. Precisamente por iso, por protocolo, decidimos cortar a repartición de auga”, explica a rexedora, que engade que, ”como se sospeitaba e confirmouse, a auga da cisterna era perfectamente apta para o consumo porque foi recollida nun punto inicial da rede”.